Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2014 Páx. 4993

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se fai pública a relación de convenios subscritos no terceiro cuadrimestre de 2013.

De conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, polo que se aproba a Lei de transparencia de boas prácticas na Administración pública galega, faise pública a relación de convenios subscritos no terceiro cuadrimestre de 2013 por esta sociedade:

Data

Vencemento

Importe

Contratista

Referencia

Obxecto

17.10.2013

31.12.2014

 

Asociación de Empresarias e Profesionais da Provincia de Ourense (AME)

CV0008/2013

Convenio de colaboración entre Sogama e a Asociación de Mulleres Empresarias e Profesionais da Provincia de Ourense para a redución do uso de bolsas plásticas non biodegradables por bolsas de celulosa.

8.11.2013

31.12.2016

700.000 €/ano (2.800.000 € total 4 anos)

Concello de Cerceda

CV0009/2013

Addenda ao convenio de colaboración entre o Concello de Cerceda e a Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. do 24 de febreiro de 2006.

Sen outro particular, atentamente.

Cerceda, 15 de xaneiro de 2014

Luis Lamas Novo
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.