Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2014 Páx. 4945

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2014, da Zona de Recadación de Vigo, polo que se relaciona procedemento de constrinximento pendente de notificar e se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia (Balboricha Inmobiliaria, S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónase procedemento de constrinximento pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal do xeito indicado no artigo anterior, e emprázase a interesada, ou o seu representante, que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Zona de Recadación de Vigo, con enderezo na r/ Areal, nº 62, local 3, en Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 23 de xaneiro de 2014

Javier Sánchez García
Recadador de zona de Vigo

ANEXO

Interesada

Data

Concepto

NIF/CIF

Nome

B36898450

Balboricha Inmobiliaria, S.L.

9.1.2014

Providencia de poxa