Pola Orde do 14 de outubro de 2013 (DOG nº 211, do 5 de novembro), anúnciase a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante que se detalla no anexo I desa orde.
De conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do citado decreto lexislativo, esta consellería,
DISPÓN:
Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo desta orde, de conformidade coa base sexta da convocatoria.
Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2014
Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade
ANEXO
Denominación do posto: xefatura do Servizo de Recursos Humanos.
Código do posto segundo convocatoria (antiga RPT): SAS991000427001001.
Código do posto actual segundo nova RPT: SAS994000327001001.
Dependencia segundo convocatoria (antiga RPT): Dirección Provincial de Lugo do Servizo Galego de Saúde.
Dependencia segundo nova RPT: Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos (Lugo)-Dirección de Recursos Humanos.
Localidade: Lugo.