Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2014 Páx. 4635

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2014 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de enxeñeiro/a industrial, grupo I desta universidade, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

Mediante Resolución do 20 de novembro de 2013 (DOG do 2 de decembro e BOE do 12 de decembro) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de enxeñeiro/a industrial, grupo I da USC, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobadas e facer públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas polas quendas de promoción interna e de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que as listaxes provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas están expostas nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web:

http://www1.usc.es/webpas/SPAS/Laborais/Indice.htm

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de persoas admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivaren a exclusión ou a omisión.

Cuarto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2014

P. D.
Jesús López Romalde
Vicerreitor de Titulacións e Persoal Docente e Investigador