Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2014 Páx. 4691

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 17 de xaneiro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se fai pública a notificación dun expediente de suspensión condicional (PESAN1 2011/56-2).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona o trámite relativo á suspensión condicional que solicitou no seu día.

Os prazos empezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. O expediente relacionado a seguir está á disposición da interesada na Consellería do Medio Rural e do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 61 63).

Nº de expediente: PESAN1 2011/56-2.

Beneficiaria: Pescados Hermanos Lijó, S.L.

CIF: B15066210.

Enderezo: praza da Lonxa, 58, 15960 Ribeira, A Coruña.

Trámite: resolución de remisión da sanción.

Prazo para presentar recurso de reposición: 1 mes.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2014

Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar