Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 3 de febreiro de 2014 Páx. 4552

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2014 pola que se fai público o cofinanciamento pola Unión Europea, a través do Fondo de Desenvolvemento Rexional (Feder), do servizo para o desenvolvemento e a execución do Plan de control de verteduras na Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa.

A Dirección de Augas de Galicia, como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias, ditada pola Presidencia do organismo e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade pública, para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, procede a darlle publicidade á actuación que a continuación se relaciona en previsión do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1) Entidade encomendante.

Organismo: Augas de Galicia.

Actuación: servizo.

Tipo de tramitación: encomenda de xestión á empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. como medio propio instrumental e servizo técnico do poder adxudicador.

2) Obxecto da encomenda de xestión.

Título: segunda prórroga do servizo para o desenvolvemento e a execución do Plan de control de verteduras na Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa.

Clave do expediente: OH.988.336.SV.

Descrición: o obxectivo xeral deste servizo é dispoñer dun servizo de apoio para a identificación de puntos de verteduras para os efectos da elaboración dun mapa dinámico de verteduras en Galicia-Costa, así como garantir a coordinación e xestión adecuada da información das alertas producidas por verteduras ao dominio público, que permita a visita ás zonas afectadas con inmediatez e a execución das medidas e actuacións necesarias para a emenda ou, de ser o caso, eliminación das causas que orixinaron as verteduras detectadas.

Orzamento: importe neto: 267.080,33 euros. Importe total: 323.167,20 euros.

Data da formalización da encomenda de xestión: 30 de decembro de 2013.

3) Cofinanciamento da Unión Europea.

A actuación referida cofinánciase pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos; tema prioritario ou medida 46: tratamento da auga (auga residual), actuación 3.46.10: actuacións e medidas encamiñadas ao control das verteduras e da contaminación das masas de auga. Unha maneira de facer Europa.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2014

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

missing image file