Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 3 de febreiro de 2014 Páx. 4512

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se dispón a notificación dun acordo de iniciación de expediente sancionador por infracción en materia de xogo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acordo de iniciación de expediente sancionador por infracción en materia de xogo, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Desígnanse instrutora e secretario do expediente a Isabel Santos-Ascarza Tabarés e Amador Fernández Lozano, respectivamente, que poden ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

O interesado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución, para poder examinar o expediente, no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, sito na avenida da Habana, nº 79, 2º (Ourense), e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como establece o artigo 13.d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

En virtude do disposto no artigo 32.1.a) e b) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, modificada pola Lei 3/2002, do 29 de abril, a competencia para resolver o expediente sancionador corresponderalle ao director xeral de Emerxencias e Interior se a sanción consiste nunha multa de ata 60.000 euros.

Ourense, 3 de xaneiro de 2014

Marisol Díaz Mouteira
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nome

DNI/NIF

Nº expte.

Precepto infrinxido

Domicilio

Posible sanción

Nicolás Alfredo Sande Alonso

33237824-H

OU-15/13

Artigo 30 c) da Lei 14/1985, do 23 de outubro

r/ Doutor Ochoa, núm. 37, 1º esq., Lugo

Apercibimento