Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 3 de febreiro de 2014 Páx. 4537

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 16 de xaneiro de 2014, do Servizo Técnico-Xurídico, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada 2013/33-RA-O, en materia de protección do patrimonio cultural.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución do recurso de alzada en materia de protección do patrimonio cultural ditada no procedemento no cal ten a condición de interesado, que non puido ser notificada por correo certificado no enderezo sinalado polo interesado na documentación que figura neste expediente.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 3, 2º, Santiago de Compostela, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a resolución do recurso de alzada, que pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2014

Mª Teresa González Novo
Xefa do Servizo Técnico-Xurídico

ANEXO

Recurso de alzada: 2013/33-RA-O.

Recorrente: Cipriano José Caamaño Castro (alcalde do Concello de Boborás).

Interesado: Ricardo Iglesias Casares.

Enderezo: O Igrexario, s/n, Pazos de Arenteiro, 32514 Boborás (Ourense).

Resolución notificada: resolución do recurso de alzada.