De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.
O acto foi acordado pola instrutora.
A comparecencia efectuarase, no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, na sede da Sección Xurídica desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18-4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
Ourense, 14 de xaneiro de 2014
P.S. (Resolución do 22.5.2013)
José Antonio Vázquez Quintela
Xefe do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental
ANEXO
Expediente: OU-150/2013 RE.
Denunciado: Ramón Gabarres Montoya.
Acto notificado: proposta de resolución.
Expediente: OU-151/2013 RE.
Denunciado: Antonio Suárez Romero.
Acto notificado: proposta de resolución.