Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 3 de febreiro de 2014 Páx. 4516

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 13 de xaneiro de 2014 pola que se acorda a adxudicación do procedemento de alleamento dun lote de bens mobles.

Mediante a Orde da Consellería de Facenda do 25 de xuño de 2012 foi autorizado o alleamento mediante poxa duns bens mobles de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia.

Logo de publicarse o 29 de novembro de 2013 no Diario Oficial de Galicia, número 229, o anuncio da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, de alleamento dos citados mobles, tivo lugar o 20 de decembro de 2013 a poxa pública anunciada, polo que, á vista das actas da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 79 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar a seguinte adxudicación:

A Juan José Salgueiro González, polo prezo de 1.350 euros, en cuarta poxa, un lote de bens composto polos seguintes mobles:

Mesa de madeira tallada de 182×98×77 centímetros.

Mesa de madeira tallada e torneada de 162×100×80 centímetros.

Mesa de madeira tallada de 248×124×83 centímetros.

Cadeira de madeira e coiro de 109×57,50 centímetros (catro unidades).

Armario de madeira e vidro de 180×175×40 centímetros.

Máquina de escribir Olivetti liña 98 e máquina calculadora.

Mesa de reunións de madeira de 455×132×80 centímetros.

Andel de madeira de 80×242×25 centímetros (tres unidades).

Segundo. Os pagamentos dos prezos de adxudicación efectuaranse segundo o estipulado no artigo 70.3º do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei de patrimonio.

Terceiro. A venda formalizarase en documento público como corpo certo, sendo por conta dos adquirentes os custos do seu outorgamento. Os tributos derivados da transmisión serán exixidos conforme o disposto na lexislación tributaria.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2014

P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG nº 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda