Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 3 de febreiro de 2014 Páx. 4474

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2014 pola que se concede a acreditación do Comité Territorial de Ética da Investigación da Coruña-Ferrol e se procede ao nomeamento dos seus membros.

O Decreto 63/2013, do 11 de abril, polo que se regulan os comités de ética da investigación en Galicia (DOG núm. 77, do 22 de abril), ten por obxecto determinar os fins, obxectivos, funcionamento, composición e procedemento de acreditación do Comité Autonómico de Ética da Investigación de Galicia e dos comités territoriais de ética da investigación, como órganos colexiados encargados da valoración ética, metodolóxica e legal dos estudos de investigación con seres humanos, o seu material biolóxico ou os seus datos de carácter persoal no seu respectivo ámbito de actuación.

Terceiro. O capítulo III do citado Decreto 63/2013 –artigos 7 a 10– regula os comités territoriais de ética da investigación e prevé a súa constitución, logo de acreditación, para tres ámbitos xeográficos de actuación:

– A Coruña e Ferrol;

– Santiago-Lugo (que inclúe as áreas sanitarias de Santiago, Lugo Cervo-Burela e Monforte);

– Pontevedra-Vigo-Ourense (que inclúe as áreas sanitarias do Salnés, Pontevedra, Vigo, Ourense e O Barco de Valdeorras).

O 3 de xaneiro de 2014 tivo entrada na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade o escrito que presentou Paula M. López Vázquez, secretaria do Comité Autonómico de Ética da Investigación de Galicia, no cal, ao abeiro do que dispón o artigo 11 do Decreto 63/2013, solicita a acreditación do Comité Territorial de Ética da Investigación da Coruña-Ferrol.

Unha vez examinada a documentación presentada xunto coa dita solicitude, e logo de comprobación do cumprimento do disposto nos artigos 9 e 11.4 do Decreto 63/2013, do 11 de abril, o 16 de xaneiro de 2014 o secretario xeral técnico desta consellería efectuou, con base no disposto no artigo 11.7 do dito decreto, unha proposta favorable á acreditación daquel comité, así como unha proposta de designación dos seus membros.

Por todo o anterior, de conformidade co disposto no punto 5 do artigo 9, e nos puntos 1, 8 e 9 do artigo 11 do Decreto 63/2013, do 11 de abril, polo que se regulan os comités de ética da investigación en Galicia, e de acordo coa proposta efectuada pola Secretaría Xeral Técnica desta consellería,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder a acreditación do Comité Territorial de Ética da Investigación da Coruña-Ferrol, a cal se outorga por un período de catro anos, contados a partir da data desta resolución.

Segundo. A súa sede coincidirá coa do Comité Autonómico de Ética da Investigación de Galicia en Santiago de Compostela, no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, da Consellería de Sanidade.

Terceiro. Nomear como membros do Comité Territorial de Ética da Investigación da Coruña-Ferrol as persoas que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2014

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Membros do Comité Territorial de Ética da Investigación da Coruña-Ferrol:

• María Isabel Sastre Gervás

• Lucía Fuster Sanjurjo

• Natalia Cal Purriños

• Carlos Rodríguez Moreno

• José María Rumbo Prieto

• Gonzalo Peña Pérez

• Begoña Graña Suárez

• Ángel López-Silvarrey Varela

• Alejandro Pazos Sierra

• Salvador Pita Fernández

• Juana Cruz del Río