Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 3 de febreiro de 2014 Páx. 4478

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2014 pola que se concede a acreditación do Comité Territorial de Ética da Investigación de Santiago-Lugo e se procede ao nomeamento dos seus membros.

O Decreto 63/2013, do 11 de abril, polo que se regulan os comités de ética da investigación en Galicia (DOG núm. 77, do 22 de abril) ten por obxecto determinar os fins, obxectivos, funcionamento, composición e procedemento de acreditación do Comité Autonómico de Ética da Investigación de Galicia e dos comités territoriais de ética da investigación, como órganos colexiados encargados da valoración ética, metodolóxica e legal dos estudos de investigación con seres humanos, o seu material biolóxico ou os seus datos de carácter persoal no seu respectivo ámbito de actuación.

O capítulo III do Decreto 63/2013 –artigos 7 a 10– regula os comités territoriais de ética de investigación, e prevé a súa constitución, logo de acreditación, para tres ámbitos xeográficos de actuación:

– A Coruña e Ferrol;

– Santiago-Lugo (que inclúe as áreas sanitarias de Santiago, Lugo, Cervo-Burela e Monforte);

– Pontevedra-Vigo-Ourense (que inclúe as áreas sanitarias do Salnés, Pontevedra, Vigo, Ourense e O Barco de Valdeorras).

O 3.1.2014 tivo entrada na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade o escrito que presentou Paula M. López Vázquez, secretaria do Comité Autonómico de Ética da Investigación de Galicia, no cal, ao abeiro do que dispón o artigo 11 do Decreto 63/2013, solicita a acreditación do Comité Territorial de Ética da Investigación de Santiago-Lugo.

Unha vez examinada a documentación presentada xunto coa devandita solicitude, e logo da comprobación do cumprimento do disposto nos artigos 9 e 11.4 do Decreto 63/2013, do 11 de abril, o 15.1.2014 o secretario xeral técnico desta consellería efectuou, de acordo co disposto no artigo 11.7 do dito decreto, unha proposta favorable á acreditación daquel comité, así como unha proposta de designación dos seus membros.

Por todo o anterior, de conformidade co disposto no número 5 do artigo 9, e nos números 1, 8 e 9 do artigo 11, do Decreto 63/2013, do 11 de abril, polo que se regulan os comités de ética da investigación en Galicia, e de acordo coa proposta efectuada pola Secretaría Xeral Técnica desta consellería,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder a acreditación do Comité Territorial de Ética da Investigación de Santiago-Lugo, a cal se outorga por un período de catro anos, contados a partir da data da presente resolución.

Segundo. A súa sede coincidirá coa do Comité Autonómico de Ética da Investigación de Galicia en Santiago de Compostela, no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, da Consellería de Sanidade.

Terceiro. Nomear como membros do Comité Territorial de Ética da Investigación de Santiago-Lugo as persoas que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2014

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Membros do Comité Territorial de Ética da Investigación Santiago-Lugo:

• María Jesús Lamas Díaz

• Ana Estany Gestal

• Margarita Guillén Vázquez

• Andrea Gallego Valdeiglesia

• Pilar Rodríguez Ledo

• Carlos González Juanatey

• María Jesús Wandosell Picatoste

• Rafael López López

• Enrique Domínguez Muñoz

• Carlos Rodríguez Moreno

• María Isabel Loza García

• Víctor Herrán Carreira

• Rosa Ana Castelo Domínguez

• Juan Vázquez Lago