Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2014 Páx. 4286

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2014 pola que se fai público o cofinanciamento pola Unión Europea dos contratos de servizo de apoio e auditoría contable para o proxecto PATCO-ARA Norte-Mozambique.

missing image file

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola presidencia do organismo e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade pública, e para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, procede a dar publicidade ás actuacións que a continuación se relacionan en previsión dos seus cofinanciamentos pola Unión Europea:

1) Obxecto do contrato.

a) Título: servizo de apoio en terreo para o proxecto Parcería de apoio técnico á consolidación da Administración Rexional de Augas do Norte (PATCO-ARA Norte). Mozambique.

Clave do expediente: M.13.066.

Descrición: o obxectivo xeral do proxecto é garantir o desenvolvemento da xestión dos recursos hídricos e das infraestruturas hidráulicas de Mozambique, contribuíndo á redución da pobreza da poboación.

Orzamento de adxudicación: importe neto: 17.460,00 euros. Importe total: 17.983,80 euros.

Prazo de execución: 20 meses.

Data da adxudicación: 26 de setembro de 2013.

Contratista: Sergio Garrido

b) Título: servizo de auditoría contable para o proxecto PATCO-ARA Norte. Mozambique.

Clave do expediente: M.13.069.

Descrición: o obxectivo xeral do proxecto é garantir o desenvolvemento da xestión dos recursos hídricos e das infraestruturas hidráulicas de Mozambique, contribuíndo á redución da pobreza da poboación.

Orzamento de adxudicación: importe neto: 5.000,00 euros. Importe total: 6.050,00 euros.

Prazo de execución: 24 meses.

Data da adxudicación: 26 de novembro de 2013.

Contratista: Auditores de Finanzas Asociados, S.L.

2) Cofinanciamento da Unión Europea.

A actuación referida está cofinanciada pola Unión Europea nunha porcentaxe máxima do 75 % a través do proxecto Parcería de apoio técnico á consolidación da Administración Rexional de Augas do Norte (ARA-Norte), Mozambique.

Augas de Galicia é o socio coordinador do mencionado proxecto no marco da convocatoria da DG EuropeAid (da Unión Europea): 10 EDF ACP-EU Water facility Restricted Call for Partnerships for Capacity Development in the ACP Water & Sanitation Sector (EUROPEAID/129510/C/ACT/Multi).

O 2 de agosto de 2011 a Comisión Europea resolveu outorgar a Augas de Galicia unha subvención para o financiamento do proxecto PATCO ARA-Norte asinado pola Unión Europea o 8 de xuño de 2012 e por Augas de Galicia o 25 de xuño de 2012 co contrato subvención número 2011/257-073.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2014

P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

missing image file