Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2014 Páx. 4312

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación, mediante procedemento aberto, para a contratación da subministración de bancos e marquesiñas para mobiliario urbano, no marco da cooperación cos concellos e entidades locais da provincia durante o ano 2014.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración de bancos e marquesiñas para mobiliario urbano, no marco da cooperación cos concellos e entidades locais da provincia durante o ano 2014, cun tipo de licitación de 50.000,00 € (IVE e demais tributos incluídos), correspondéndolle ao gasto en bancos a cantidade de 32.000,00 (IVE e demais tributos incluídos) e ao gasto en marquesiñas a cantidade de 18.000,00 €. As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural, contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense; rúa Progreso, nº 32, ou por teléfono 988 38 52 02 e fax 988 38 51 84 ou na páxina web da deputación www.depourense.es

Ourense, 22 de xaneiro de 2014

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense