Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2014 Páx. 4111

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2013 pola que se dá publicidade ás subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 4 de setembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 176, do 16 de setembro) pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

O artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade de publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas coa indicación da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade.

Na súa virtude

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 4 de setembro de 2013 (DOG núm. 176, do 16 de setembro), pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 con cargo ás aplicacións orzamentarias 09.21.433A.770.0 e 09.21.433A.781.2, segundo o anexo I desta resolución.

Segundo. Deixar como non subvencionadas as restantes solicitudes admitidas a trámite, por esgotamento de crédito na aplicación orzamentaria 09.21.433A.781.2, así como desestimar o resto das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 4 de setembro de 2013, que se contemplan no anexo II desta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Anexo I

Solicitante

Actuación

Subvención concedida

Aplicación orzamentaria

Pereimos 2007, S.L.

Control arqueolóxico de obra no Pazo da Corga, A Pobra de Trives, Ourense

1.483,10 €

09.21.433A.770.0

Eduardo F. Rodríguez Rodríguez

Control arqueolóxico proxecto rehabilitación e acondicionamento edificación na rúa Diego Carmona, núm. 19, Baiona, Pontevedra

958,56 €

09.21.433A.770.0

Moure y Barrio, C.B.

Control arqueolóxico das obras de rehabilitación do edificio núm. 18 da rúa Armañá, Lugo

1.130,50 €

09.21.433A.770.0

Rafael Fuentes Arán

Control arqueolóxico na rúa Antonio Porrúa, núm. 4, Corcubión, A Coruña

360,00 €

09.21.433A.770.0

Rubén Gil Domínguez

Sondaxes arqueolóxicas no inmoble esquina rúa Arcediagos, núm. 2-4 e Praza Maior de Ourense

2.250,00 €

09.21.433A.770.0

José Rafael Morell González

Sondaxe arqueolóxica no inmoble da rúa O Mariñeiro, núm. 11, Baiona, Pontevedra

866,44 €

09.21.433A.781.2

Lorena González Mosquera

Sondaxes arqueolóxicas previas á reforma de vivenda no lugar de Aldea, núm. 5, Francelos, Ribadavia

515,00 €

09.21.433A.781.2

María Rodríguez Santoro

Control arqueolóxico das obras de rehabilitación do inmoble núm. 20 da rúa A Guarda, en Baiona

417,45 €

09.21.433A.781.2

Micaela Varela González

Sondaxes arqueolóxicas na rúa Axesta, núm. 81, Muros, A Coruña

861,52 €

09.21.433A.781.2

Salud Rial Vernet

Sondaxes arqueolóxicas valorativas no inmoble núm. 21 da rúa Diego Carmona, Baiona, Pontevedra

505,18 €

09.21.433A.781.2

Jaime Aguiar Fernández

Control e supervisión arqueolóxica das obras de rehabilitación dunha vivenda unifamiliar en Monterrei, núm. 6, Ourense

370,80 €

09.21.433A.781.2

Mª Rita Garrido Blanco

Control arqueolóxico dunha vivenda unifamiliar no Reino, Piñor, Ourense

623,20 €

09.21.433A.781.2

Mª Aurora Goce Pérez

Sondaxes arqueolóxicas valorativa na rúa San Xoán, núm. 10, Baiona, Pontevedra

683,65 €

09.21.433A.781.2

Círculo das Artes de Lugo

Proxecto arqueolóxico posta en valor complementario á lic. nº 479/2009, do PBE de rehabilitación dos edificios 2 e 3 da Praciña do Colexio, Lugo

19.793,50 €

09.21.433A.781.2

Anexo II

Solicitante

Actuación

Causas

Antonio Carrera Nogueira

Sondaxes arqueolóxicas de ampliación de vivenda na rúa Carballal, núm. 34 e 36 de Vigo (Pontevedra)

Non subvencionado por esgotamento de crédito na partida orzamentaria 09.21.433A.781.2

Asociación de Veciños Laberinto de Mogor

Control arqueolóxico das obras de adecuación do acceso á capela das Sete Espadas, Marín (Pontevedra)

Incumprimento do requisito de emenda e/ou achega de toda a documentación requirida no prazo establecido