Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2014 Páx. 4258

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 4656/2013, contra a Orde do 3 de xullo de 2013 pola que se aproba unha modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Oleiros.

Nesta secretaría xeral técnica recibiuse escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativos número P.O. 4656/2013 interposto por Isabel Meirama Barral; comunidade hereditaria de Arturo Juan Fernández Carballeira, contra a Orde do 3 de xullo de 2013, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se aproba unha modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Oleiros (A Coruña).

Para os efectos de cumprir o solicitado no devandito escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría, á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o 3 de xaneiro de 2014.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas