Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2014 Páx. 4301

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 17 de xaneiro de 2014 pola que se notifica requirimento do 2 de xaneiro de 2014 de retirada de vehículo con matrícula PO-9432-AJ abandonado no dominio público portuario do porto das Corbaceiras (Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello de Pontevedra a Miguel Ángel García Teijeiro, con DNI 32424575, e derradeiro domicilio coñecido na rúa Arcebispo Malvar, número 10, 3º D de Pontevedra, o seguinte requirimento:

Segundo a acta número 2013-006345-00000239 por infracción á normativa sobre residuos e verteduras que se efectúa no peirao das Corbaceiras ás 3.50 horas do 2 de maio de 2013 pola Dirección Xeral da Garda Civil, Pafif de Marín, o vehículo Peugeot 205, con matrícula PO-9432-AJ está estacionado en evidente estado de abandono sen ter concertado o seguro obrigatorio desde o 4.5.2011 e coa ITV caducada desde o 25.11.2011.

Considerando o exposto, e dado que na zona onde se atopa o vehículo a entidade pública Portos de Galicia é a administración competente en materia de xestión de tráfico, de conformidade co disposto no artigo 86.1 do Real decreto lexislativo 339/1990, do 2 de marzo, que aproba o texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria, requírese a Miguel Ángel García Teijeiro para que nun prazo máximo de 10 días contado desde a publicación da presente cédula no Diario Oficial de Galicia ou exposición no taboleiro de edictos do Concello de Pontevedra, proceda a retirar o vehículo da zona de servizo do porto das Corbaceiras.

No caso de incumprirse o presente requirimento, Portos de Galicia, sen máis trámites, daralle ao vehículo tratamento de residuo, e procederá en consecuencia ao seu traslado a un centro autorizado de tratamento de vehículos para a súa posterior destrución e descontaminación.

O anterior entenderase sen prexuízo das sancións administrativas que procedan en dereito.

Para o seu exame, o expediente completo está nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela.

E para que conste e lle sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2014

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia