Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2014 Páx. 3997

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO de exposición ao público do expediente de contratación da xestión do servizo de piscina cuberta e climatizada municipal, e anuncio de licitación do concurso.

Aprobado por acordo do Pleno do Concello da Guarda do 24 de xaneiro de 2014 o expediente de contratación, incluídos os pregos de cláusulas administrativas particulares-técnicas que rexerán o concurso para adxudicar a contratación da xestión do servizo de piscina cuberta e climatizada municipal no concello da Guarda, que se expoñen ao público durante 8 días, contados a partir do seguinte ao da última publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial de la provincia, para que poida presentar reclamacións quen se considere interesado.

Simultaneamente anúnciase o concurso, aprazándose a licitación se resulta necesario por formularse reclamacións contra os pregos.

Entidade adxudicadora.

Concello da Guarda, praza do Reló, 1, 36780. Teléfono 986 61 00 00. Fax 986 61 02 83.

Obxecto do contrato.

Adxudicar a contratación da xestión do servizo de piscina cuberta e climatizada municipal no Concello da Guarda.

Duración.

O contrato terá unha duración de 8 (oito) anos, prorrogables por mutuo acordo das partes contratantes antes da súa finalización por prazo doutros catro anos máis.

Tipo de licitación.

O adxudicatario obterá os seus ingresos dos servizos obxecto do contrato; os usuarios deberán aboar ao concesionario as tarifas aprobadas para o efecto.

Modalidade de adxudicación.

Concurso público, procedemento aberto, tramitación ordinaria.

Garantías.

Garantía provisional: non se exixe.

Garantía definitiva: o adxudicatario quedará obrigado a constituír, no prazo que se sinale para o efecto, unha garantía definitiva por importe de 15.000 €.

Exame do expediente.

Os licitadores poderán examinar o expediente na Secretaría Xeral do Concello, en horario de luns a venres, das 9.00 ás 13.00 horas, excepto sábados e festivos, e ata o día anterior ao do remate do prazo de presentación de proposicións.

Presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral deste concello de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e os sábados das 10.00 ás 13.00 horas, durante o prazo de 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP e no DOG, na forma sinalada na cláusula 14 do prego de cláusulas administrativas-técnicas. Se o último día de presentación de ofertas é inhábil, prorrogarase ata o día hábil seguinte.

Apertura de proposicións.

A mesa de contratación procederá á cualificación da documentación xeral (sobre A) no Concello da Guarda ás dez horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que termine o prazo para a presentación de proposicións. Ás dez horas do sexto día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas a mesa de contratación procederá, en acto público, á apertura das propostas económicas e técnicas presentadas (sobres B e C). Para estes efectos, se tales días foren sábado, o acto terá lugar o día hábil seguinte.

Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

A Guarda, 24 de xaneiro de 2014

José Manuel Domínguez Freitas
Alcalde