Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2014 Páx. 3978

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do depósito dos estatutos da Confederación Intersectorial de Empresarios Gallegos.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral foron depositados os estatutos da Confederación Intersectorial de Empresarios Gallegos, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á dita confederación todas as organizacións empresariais legalmente constituídas. O seu principal obxectivo é a integración das organizacións sectoriais de ámbito autonómnico, ben que tamén se poderán integrar aquelas de ámbito provincial se así o acorda a Confederación.

Asinan a acta de constitución: José María Seijas López, en representación da Federación Gallega del Comercio; Luis Abelleira Mayor, en representación da Federación Gallega de Talleres e Miguel Agromayor Vázquez, en representación da Federación de Asociaciones Empresariales de Comercio de Muebles de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social