Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2014 Páx. 3943

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 13 de decembro de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se publican as entidades ás cales se lles renova a autorización como sistemas integrados de xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos.

En cumprimento do establecido no artigo 8.2. do Real decreto 208/2005, do 25 de febreiro, sobre aparellos eléctricos e electrónicos e a xestión dos seus residuos, mediante este anuncio faise público que ás entidades sinaladas a continuación se lles renovou a autorización como sistemas integrados de xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos. As autorizacións poderán consultarse na seguinte URL:

http://sirga.cmati.xunta.es/sistemas-integrados-de-xestion-de-aparellos-electricos-e-electronicos

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

– Asociación Ambilamp

– European Recycling Platform

– Fundación Ecotic

– Fundación Ecoasimelec

– Fundación Ecofimática

– Fundación Tragamóvil