Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2014 Páx. 3970

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 8 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2013355AL-PO incoado por infraccións en materia de seguridade alimentaria.

Con data do 11 de decembro de 2013, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador 2013355AL-PO, incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra contra a entidade Cobopán, S.L.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle ao/á director/a xerente da entidade Cobopán, S.L. o contido da referida resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para presentar recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra; avenida Fernández Ladreda, número 43, 1º, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo: 1) Se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte; 2) Se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte. Todo isto mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de NCG Banco, S.A. (Novacaixagalicia), do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, e do Banesto, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 8 de xaneiro de 2014

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2013355AL-PO.

Denunciada: Cobopán, S.L., con CIF B36159994.

Último domicilio coñecido: A Igrexa, 4, Arcos, 36860 Ponteareas.

Feito imputado: infraccións en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos infrinxidos:

– Artigos 3, 4.2 e 5 e capítulo I, puntos 1 e 2, e capítulo II, punto 1.b), c) e f), do anexo II do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

Tipificación: infracción leve, segundo o artigo 51, punto 1, parágrafo 10, da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción imposta: seiscentos euros (600,00 €).