Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2014 Páx. 3809

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Friol

ANUNCIO de información pública sobre explotación de gando bovino de carne na Travesa de Ledro (Nodar).

The Cow Project, S.L. solicitou desta alcaldía licenza municipal de legalización de actividade de explotación de gando bovino de carne situada na Travesa do Ledro (Nodar). En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Friol, 7 de xaneiro de 2014

(Decreto da alcaldía 9.11.2012)
José Ángel Santos Sánchez
Alcalde