No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración de ligante ECR-2 para a súa utilización polas brigadas da Deputación Provincial de Ourense durante o ano 2014 na zona sur da provincia, cun tipo de licitación de 85.000,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, nº 32, ou por teléfono 988 38 52 02 e fax 988 38 51 84 ou na páxina web da deputación
www.depourense.es
Ourense, 20 de xaneiro de 2014
José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense