Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2014 Páx. 3697

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2014, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se modifica a asignación de vogalías para as asociacións e federacións constituídas por estas que formarán parte do Consello Galego das Mulleres.

Antecedentes.

1. O 3 de setembro de 2013 publicouse no DOG número 167 a Orde do 26 de agosto de 2013 pola que se convocan as asociacións de mulleres e as federacións constituídas por estas para o procedemento de elección das vogalías que lles corresponden no Consello Galego das Mulleres.

2. O 3 de outubro de 2013 publicáronse na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade as relacións provisionais de entidades admitidas e excluídas e o 4 de novembro de 2013 publicouse no DOG número 210 a Resolución do 29 de outubro de 2013, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se aprobaron as relacións definitivas de entidades admitidas e excluídas para a participación na elección de vogalías do Consello Galego das Mulleres e se iniciou o procedemento de votación.

3. Logo de concluír o prazo establecido para a votación, a Comisión de Seguimento, constituída ao abeiro da citada orde de convocatoria, efectuou o reconto dos votos emitidos, así como a correspondente proposta de asignación de vogalías, de conformidade co procedemento e o sistema proporcional establecidos na convocatoria.

4. De acordo co anterior, con data do 3 de decembro de 2013 emitiuse a Resolución da Secretaría Xeral da Igualdade pola que se asignaban as vogalías no Consello Galego das Mulleres ás entidades escollidas e se abría un prazo de 10 días hábiles para que estas remitisen a comunicación das persoas representantes e suplentes.

5. A entidade Federación Hispano-Lusa de Empresarias non remitiu a correspondente comunicación á Secretaría Xeral da Igualdade no prazo establecido.

6. O artigo 9 da Orde de convocatoria establece que, no caso de que algunha entidade non comunique estes datos no prazo e conforme o procedemento establecidos, decaerá no seu dereito a ser representada no Consello Galego das Mulleres, agás causa de forza maior apreciada pola Secretaría Xeral da Igualdade, e realizarase unha nova asignación de vogalías, de conformidade co establecido nos artigos precedentes.

7. A entidade a que corresponde a seguinte asignación, segundo o procedemento electoral, é a Asociación de Mulleres Anel, á cal lle corresponde unha vogalía.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

1. Dar por desistida no procedemento a entidade Federación Hispano-Lusa de Empresarias.

2. Incluír a entidade Asociación de Mulleres Anel na asignación definitiva e requirir esta entidade para que presente o correspondente documento de representación.

3. Aprobar a nova relación de entidades do Consello Galego das Mulleres (anexo).

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral da Igualdade no prazo dun mes ou, alternativamente, recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados estes dous prazos a partir do día seguinte, da publicación desta resolución no DOG, sen prexuízo da posible interposición de calquera outro recurso que se considere oportuno.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2014

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Nome da entidade

NIF

Categoría

Provincia

Vogalías asignadas

1

Asociación de Executivas de Galicia

G70301916

Xeral

A Coruña

1

2

Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia

G70223417

Atención a colectivos con especiais dificultades

A Coruña

2

3

Asociación de Mulleres Profesionais e Autónomas de Galicia

G70251590

Xeral

A Coruña

1

4

Asociación Labregas

G15945686

Xeral

A Coruña

1

5

Asociación para a Promoción e a Integración das Mulleres do Medio Rural

G15656762

Rural

A Coruña

1

6

Asociación Edeid@des para a Integración Laboral e Social da Muller

G27431873

Atención a colectivos con especiais dificultades

Lugo

1

7

Asociación de Mulleres en Igualdade de Burela

G27441153

Xeral

Lugo

1

8

Federación de Empresarias de Galicia

V15226004

Profesional

Lugo

2

9

Federación de Mulleres Rurais de Ourense

G32237869

Rural

Ourense

1

10

Asociación de Mulleres Anel

G32207516

Atención a colectivos con especiais dificultades

Ourense

1

11

Asociación Cultural de Mulleres do Mar de Poio

G94080942

Profesional

Pontevedra

1

12

Asociación de Mulleres en Igualdade de Cercio

G36585925

Xeral

Pontevedra

1

13

Asociación de Mulleres en Igualdade de Vilanova

G36585891

Xeral

Pontevedra

1