Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2014 Páx. 3767

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2013/280-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: subestación novo Balaídos, 132 kV.

Situación: Vigo.

Características técnicas:

Nova subestación Balaídos con configuración dobre barra, tanto en 132 como en 15 kV.

– Parque de 132 kV: consta de 11 posicións; 5 de liña, 4 de transformador, 1 de medida de tensión de barras e 1 de acoplamento.

– Sistema de 15 kV: consta de 48 posicións; 36 de liña, 4 de transformador, 2 de medida de barras, 2 de acoplamento transversal, 2 de acoplamento lonxitudinal e 2 de servizos auxiliares.

– 4 transformadores de potencia 132/15 kV de 30 MVA cada un.

– Servizos auxiliares.

A subestación está situadas na zona de Balaídos, Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 3 de xaneiro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra