Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2014 Páx. 3603

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 9 de xaneiro de 2014, da Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia en expediente de liquidación de prezo público.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo subdirector xeral de Gardacostas de Galicia.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Subdirección Xeral de Gardacostas, na rúa Sar, nº 75 (Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2014

Lino Sexto Bermúdez
Subdirector xeral de Gardacostas de Galicia

ANEXO

Expediente: AI0399928 3.

Interesada: Actividades Subacuáticas Balea, S.L. (Buceo Balea).

Acto de notificación: resolución de liquidación de prezo público.