Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2014 Páx. 3449

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (906/2012).

María del Carmen Vázquez Rodríguez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, por medio deste edicto, anuncio:

No presente procedemento ordinario 906/2012 seguido por instancia de María Esther Viqueira Calvo fronte ao Concello de Ames, José Castro García, José María Vilas Mirazo, Florinda Mouro Martínez, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 96/2013.

Xuízo ordinario 906/2012.

Maxistrada xuíza: María Jesús Sánchez Carbajales.

Demandante: María Esther Viqueira Calvo.

Avogado: José Lorenzo Vázquez.

Procuradora: Sara Queiro García.

Demandados: José María Vilas Mirazo, Florinda Mouro Martínez, Concello de Ames, José Castro García (todos eles en rebeldía).

Obxecto: dereitos reais e concordancia rexistral.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2013.

Resolvo:

Estimo integramente a demanda presentada por María Esther Viqueira Calvo contra José María Vilas Mirazon, Florinda Mouro Martínez, o Concello de Ames e José Castro García, e en consecuencia:

1. Declaro que o seguinte predio: «rústico: predio nº 1051 do plano da zona de concentración parcelaria da zona de San Pedro de Bugallido. Terreo no sitio de Ameneiro Longo, destinado a labradío de seis áreas e sesenta e catro centiáreas. Linda: norte, Ramón Vilas Mirazo (1050); sur, Elvira Mouro Martínez (1052) e Digna Mouro Martínez (1053); leste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; oeste, Dolores Vila Mirazo (1055). Indivisible», inscrito no Rexistro da Propiedade de Negreira, tomo 493, libro 131, folio 105, predio 12.589, con referencia catastral número 15002A507010510000BB, era propiedade de José María Vilas Mirazo, tío do pai da demandante María Esther Viqueira Calvo chamado Manuel Viqueira Vilas, e foi adquirida polo citado pai da demandante pola posesión en concepto de dono durante 30 anos, sen que sexa necesario xusto título.

2. Declaro que o citado predio nº 1.051 do plano da zona de concentración parcelaria da zona de San Pedro de Bugallido, concello de Ames, descrita no número anterior, formaba parte da herdanza do causante pai da demandante, Manuel Viqueira Vilas e foi adquirida na división e adxudicación da dita herdanza do causante pola demandante María Esther Viqueira Calvo.

3. Declaro que foi xustificado o dominio a favor da demandante María Esther Viqueira Calvo do citado predio nº 1.051 do plano da zona de concentración parcelaria da zona de San Pedro de Bugallido, concello de Ames, descrito no nº 1 desta resolución, e en consecuencia acordo a cancelación da inscrición contraditoria do dominio a nome de José Maria Vilas Mirazo, como así consta no Rexistro da Propiedade de Negreira.

4. Condeno os demandados a estar e pasar polas anteriores declaracións e a acatalas, consentilas e cumprilas.

5. Todo isto sen imposición de custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes coa indicación de que esta non é firme e que contra ela se poderá interpoñer recurso de apelación perante a Sala do Civil da Audiencia Provincial, recurso que se deberá presentar neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Por exixirllo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución dun depósito de 50 €.

O depósito da expresada suma deberase acreditar ao interpoñer o recurso, a cuxo escrito se xuntará copia do xustificante ou da orde de ingreso; sen este requisito non será admitido a trámite. Están exceptuadas da obriga de constituír o depósito as partes que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta.

Líbrese testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, María Jesús Sánchez Carbajales, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela».

Publicación. No mesmo día, en audiencia pública, foi lida e publicada a anterior sentenza pola xuíza que a ditou. Dou fe.

O dito demandado, José María Vilas Mirazo, encóntrase en paradoiro descoñecido, polo cal se expide este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2013

A secretaria xudicial