Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2014 Páx. 3453

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (438/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 438/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Susana Rodeiro Francisco contra a empresa Limpiezas El Polígono, S.L., se ditou a seguinte resolución:

«Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Susana Rodeiro Francisco e, en consecuencia, condeno a empresa Limpiezas El Polígono, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 3.548,59 euros, suma que se incrementará cos xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Condénase o Fogasa a se ater a esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da Lei reguladora da xurisdición social.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións».

Advírtese a Limpiezas El Polígono, S.L. de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2013

A secretaria xudicial