Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2014 Páx. 3464

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Crecente (expediente IN407A 2013/257-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Colegio Ntra. Sra. de Fátima-Esclavas Virgen Dolorosa.

Domicilio social: A Ponte Ribadil, nº 3, Ribeira, 36493 Crecente.

Denominación: LMTS de alimentación ao CT da Ponte Ribadil, nº 3.

Situación: Crecente.

Carecterísticas técnicas: LMT subterránea, a 20 kV con condutor RHZ de 178 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado con XS e final no centro de medida do solicitante, para alimentación do centro de transformación da residencia situada na Ponte Ribadil, nº 3, Ribeira, Crecente.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenidada Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 14 de novembro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra