Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2014 Páx. 3460

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos P.O. 4652/2013 e P.O. 4686/2013, contra a Orde do 3 de xuño de 2013 ditada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas na aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do Concello da Estrada.

Nesta secretaría xeral recibiuse escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación cos recursos contencioso-administrativos números P.O. 4652/2013, interposto por Manuel Jesús Rivas Troitiño e dous máis e P.O. 4686/2013, interposto por Ana María Constenla, contra a Orde do 3 de xuño de 2013 ditada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas na aprobación definitiva do PXOM do Concello da Estrada.

Para os efectos de cumprir o solicitado no devandito escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o 27 de decembro de 2013.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove (9) días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas