Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2014 Páx. 2832

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2014, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría no terceiro cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG número 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral para o Deporte durante o terceiro cuadrimestre do ano 2013, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2014

Por desconcentración (Decreto 88/2013)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO

Data sinatura

Descrición

Importe total

15.10.2013

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello das Somozas (A Coruña) para a construción dunha pista de pádel

32.000,00 €

16.10.2013

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Lourenzá (Lugo) para o acondicionamento do campo de adestramento de Santa Cruz

10.000,00 €

18.12.2013

Convenio de colaboración que se subscribirá entre a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Cangas (Pontevedra) para o remate da construción dunha piscina cuberta e climatizada

750.000,00 €