De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución dun procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención núm. 12360088/2007 (Orde do 9 de maio de 2007 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2007, axudas para o fomento das frondosas caducifolias).
O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data de finalización deste.
Concédeselle ao interesado un prazo dun mes, contados a partir do seguinte ao da notificación da resolución, en que poderá interpor potestativamente o recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural e do Mar ou directamente recurso contencioso-administrativo perante ao órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que o interesado poida exercer calquera outro que considere pertinente.
O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2014
Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes
ANEXO
Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2013 no expediente de subvención núm. 12360088/2007.
Interesada: CMVMC de Santiago de Covelo.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: Santiago de Covelo, s/n, 36872 O Covelo (Pontevedra).