Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2014 Páx. 3157

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 14 de novembro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia a contratación suxeita a regulación harmonizada da subministración enerxética prestacional e do servizo de mantemento e conservación de edificios, instalacións e equipamentos de diversos centros desta xerencia, mediante procedemento aberto e adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas e criterios cuxa cuantificación depende de xuízos de valor (AB-EIC1-13-002).

Advertido un erro na dita orde, publicada no Diario Oficial de la Unión Europea núm. S237, do 6 de decembro de 2013, Diario Oficial de Galicia núm. 235, do 10 de decembro e Boletín Oficial del Estado núm. 302, do 18 de decembro, cómpre facer a seguinte corrección no relativo a garantía provisional exixida:

No punto 5: Garantías exixidas:

Onde dí: «Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido», debe dicir: «Provisional: si, por importe de douscentos mil euros (200.000,00 €). Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido».