Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2014 Páx. 2763

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2014 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello no terceiro cuadrimestre do ano 2013.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas práticas na Administración pública galega, acórdase dar publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega no terceiro cuadrimestre do ano 2013, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2014

Ramón Villares Paz
Presidente do Consello da Cultura Galega

ANEXO

Convenio

Achega do Consello da Cultura Galega

Data sinatura

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela para a organización de prácticas do alumnado.

Sen dotación económica

4.10.2013

Convenio de colaboración entre o as universidades da Coruña, Vigo e Santiago de Compostela e o Consello da Cultura Galega para a realización de prácticas de alumnos/as do Máster Universitario en Lingüística Aplicada.

Sen dotación económica

8.10.2013

Addenda ao convenio subscrito entre RTVE e o Consello da Cultura Galega con data de novembro de 2010.

Sen dotación económica

11.11.2013

Protocolo de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Universitat de Barcelona a través do Centre Dona i Literatura.

Sen dotación económica

13.11.2013