Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2014 Páx. 2821

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de xefe do Servizo de Asistencia Xurídica deste concello.

No BOP da Coruña número 9, do 15 de xaneiro de 2014, publícanse as bases específicas da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de xefe do Servizo de Asistencia Xurídica do Concello de Santiago de Compostela. O prazo de presentación de solicitudes é de quince días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2014

P.D. (Xunta de Goberno Local do 28 de febreiro de 2013)
Amelia González Brandariz
Concelleira delegada de Persoal