Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2014 Páx. 2760

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 31 de decembro de 2013 pola que se fixa o prezo de venda ao público dunha publicación editada por esta consellería.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido informe favorable da Consellería de Facenda, esta consellería

Dispón:

Artigo 1. Obxecto

Mediante a presente orde establécese como prezo privado pola venda da publicación editada pola Consellería do Medio Rural e do Mar, Variedades para os soutos novos, a cantidade de 15 euros (IVE incluído).

Artigo 2. Forma de liquidación e pagamento

O pagamento do prezo deberá terse realizado no momento de presentar a solicitude da publicación que se relaciona no anexo como requisito previo e necesario para a realización da entrega, conforme o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 29 de xuño de 1994, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2013

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Variedades para os soutos novos: 15 euros.