Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2014 Páx. 2810

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria suxeito a regulación harmonizada, da subministración, de forma sucesiva e por prezo unitario, de produtos de lavandaría para esta consellería, mediante acordo marco cun único empresario (expediente 96/2013).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral Técnica-Subdirección Xeral de Contratación e Control).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2. Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3. Teléfonos: 981 54 01 13/981 54 29 99.

4. Fax: 981 54 01 18.

5. Correo electrónico: contratosareatraballo@xunta.es

6. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es

7. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 96/2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración, de forma sucesiva e por prezo unitario, de produtos de lavandaría para a Consellería de Traballo e Benestar, mediante acordo marco cun único empresario.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/3.

d) Lugar de execución/entrega: nos centros dependentes da Consellería de Traballo e Benestar que conforman cada un dos lotes do acordo marco.

e) Prazo de execución/entrega: o acordo marco estará vixente durante o prazo dun ano a partir da data de formalización. A duración dos contratos derivados baseados no acordo marco subsistirán polo seu propio período de vixencia, aínda cando o acordo marco se extinguise antes.

f) Admisión de prórroga: si, por un ano.

g) Establecemento dun acordo marco: si.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver cláusula 13 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP).

4. Valor estimado.

a) Valor estimado do contrato: cincocentos setenta e dous mil oitocentos vinte e nove euros con noventa e oito céntimos (572.829,98 €), incluída a posible prórroga por un ano.

b) Valor estimado por lotes:

Lote 1: 211.534,84 €. Lote 2: 167.701,00 €. Lote 3: 193.594,14 €.

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do orzamento do contrato derivado, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver cláusulas 17 e 18 da folla de especificacións do PCAP.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 11 de febreiro de 2014.

b) Lugar de presentación: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no PCAP.

8. Apertura de ofertas.

a) Descrición:

– Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa.

– Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cualitativos, é dicir, non cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

– Apertura dos sobres C: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, hora e lugar de apertura dos sobres B e C.

9. Gastos de publicidade. 5,42 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia.

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea: 2.1.2014.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20060

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2014

A conselleira de Traballo e Benestar
P.D. (Orde do 19.8.2009)
A secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar
P.A. (Artigo 7.1 do Decreto 42/2013, do 21 de febreiro)
Mª Aránzazu Portabales Santomé
Vicesecretaria xeral da Consellería de Traballo e Benestar