Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2014 Páx. 2804

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2013/79-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: LMT no lugar da Granxa 4544.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas:

LMT subterránea de 390 m de lonxitude, con condutor RHZ1, a 20 kV, con orixe na LMT ao CT 32CHX8M, rúa Canle e remate na LMT ao CT 32C681, Fuentedelmonte, con entrada e saída no CS proxectado.

LMT subterránea de 10 m de lonxitude, con condutor RHZ1, a 20 kV, con orixe na LMT ao CT 32CDW4, San Cosme, e remate na LMT ao CT 32CS73 Burgas, con entrada e saida no CT 32S679, San Francisco I.

Desconexión do CT 32S679, San Francisco I, da LMT BBA808 pasando mediante un empalme á LMT existente BBA803.

Orzamento: 19.505 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 19 de decembro de 2013

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial