Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2014 Páx. 2645

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Vicedo

ANUNCIO de ampliación do prazo de información pública sobre a aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno do Concello, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 16 de xaneiro de 2014, acordou, de conformidade co preceptuado no artigo 49.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ampliar, por un mes, o prazo de información pública do Plan xeral de ordenación municipal do Vicedo, aprobado inicialmente o día 21 de outubro de 2013 (anuncio publicado no DOG nº 224, do 22 de novembro), o cal se computará a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público para xeral coñecemento e efectos.

O Vicedo, 16 de xaneiro de 2014

José Jesús Novo Martínez
Alcalde