Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2014 Páx. 2626

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos do sindicato Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT-Galicia).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou certificación expedida polo secretario de actas do XI Congreso Nacional de UGT-Galicia, Yago de Ron Fernández Mosquera, avalada co visto e prace do presidente da mesa do congreso, Ernesto Fontanes Blanco, onde se reflicten os acordos acadados no dito congreso, e que consisten nunha nova redacción dos estatutos do sindicato.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social