Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2014 Páx. 2412

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas a entidades locais ao abeiro da Orde do 13 de agosto de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras, así como a súa convocatoria para os anos 2013-2014-2015, para a concesión de axudas en materia de conservación dos recursos naturais e o fomento de accións para a poboación local para o desenvolvemento sustentable dos espazos declarados como parques naturais na Comunidade Autónoma de Galicia. Axudas a investimentos non produtivos (medida 21600 do PDR de Galicia) cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

O artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 121, do 25 de xuño) e o artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 14 de xullo) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación da concesión das axudas ou subvencións.

Estas subvencións se inclúen no Plan de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia para a etapa 2007-2013 como resposta ás disposicións do Regulamento (CE) núm. 1698/2005, do 20 de setembro de 2005, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). Dentro do eixe Mellora do ambiente e do contorno natural considéranse axudas a investimentos non produtivos (medida 21600 do PDR de Galicia). O cofinanciamento do Feader nestas axudas é do 75 % do importe subvencionado.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Facer pública a aprobación das axudas concedidas a entidades locais ao abeiro da Orde do 13 de agosto de 2013 pola que se establecen las bases reguladoras, así como a súa convocatoria para os anos 2013-2014-2015, para a concesión de axudas en materia de conservación dos recursos naturais e o fomento de accións para a poboación local para o desenvolvemento sustentable dos espazos declarados como parques naturais na Comunidade Autónoma de Galicia na aplicación orzamentaria 07.05.541B.760.3, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés:

Expediente

Beneficiario

Acción subvencionada

Axuda total

Anualidade 2013

Anualidade 2014

Anualidade 2015

Xu-2013-001

Concello de Bande

Mellora da infraestrutura levada de auga da parroquia de Corvelle

5.315,03 €

2.657,51 €

2.657,52 €

 

Xu-2013-002

Concello de Bande

Mellora da infraestrutura Poza do Rego da parroquia de Corvelle

14.375,00 €

7.187,50 €

7.187,50 €

 

Xu-2013-003

Concello de Bande

Mellora da infraestrutura traída de auga e mellora da canle de rega en Pereira (Corvelle)

14.737,31 €

7.368,65 €

7.368,66 €

 

Xu-2013-004

Concello de Calvos de Randín

Mellora da paisaxe e desenvolvemento de usos recreativos no camiño privilexiado e no sendeiro de Castelaus

53.310,25 €

26.655,13 €

10.662,05 €

15.993,07 €

Xu-2013-005

Concello de Calvos de Randín

Mellora de muíños en Randín e Castelaus e espadana da igrexa de Vila

16.684,00 €

8.342,00 €

8.342,00 €

 

Xu-2013-008

Concello de Entrimo

Obras de mellora nas infraestruturas da área recreativa de Pacín

40.824,60 €

20.412,30 €

8.164,92 €

12.247,38 €

Xu-2013-009

Concello de Entrimo

Intervención arqueolóxica e posta en valor do conxunto arqueolóxico Os Castelos Pía da Moura

29.175,40 €

14.587,70 €

14.587,70 €

 

Xu-2013-010

Concello de Lobeira

Limpeza e restauración camiño en Boazas

3.234,71 €

1.617,36 €

1.617,35 €

 

Xu-2013-011

Concello de Lobeira

Recuperación da fonte en San Xes de Vilariño

32.277,56 €

16.138,78 €

16.138,78 €

 

Xu-2013-012

Concello de Lobeira

Sistema de condución de auga no Candal

17.566,23 €

8.783,12 €

8.783,11 €

 

Xu-2013-013

Concello de Lobeira

Sistema de condución de auga en Fonte do Cano

5.107,30 €

2.553,65 €

2.553,65 €

 

Xu-2013-014

Concello de Lobios

Roteiro etnográfico no lugar do Puxedo, dentro do PNBLSX

19.188,46 €

9.594,23 €

9.594,23 €

 

Xu-2013-015

Concello de Lobios

Actuacións de consolidación e rehabilitación de elementos do patrimonio: cruceiros nos lugares de Quintas, San Paio e Carreira; fornos nos lugares de Barreal e Vilameá

50.811,55 €

25.405,78 €

10.162,31 €

15.243,46 €

Xu-2013-016

Concello de Muíños

Acondicionamento de zona de esparexemento Requiás-Guntumil

20.085,13 €

10.042,57 €

10.042,56 €

 

Xu-2013-017

Concello de Muíños

Acondicionamento de zona de esparexemento de Prado

20.813,49 €

10.406,75 €

10.406,74 €

 

Xu-2013-018

Concello de Muíños

Recuperación de muros en Prado

5.112,45 €

2.556,23 €

2.556,22 €

 

Xu-2013-019

Concello de Muíños

Conservación e recuperación de especies autóctonas en Outeiro da Cela

8.170,38 €

4.085,19 €

4.085,19 €

 

Parque natural do Monte Aloia:

Expediente

Beneficiario

Acción subvencionada

Axuda total

Anualidade 2013

Anualidade 2014

Al-2013-002

Concello de Tui

Acondicionamento das parcelas municipais lindeiro co paseo fluvial

12.466,62 €

6.233,31 €

6.233,31 €

Parque natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán:

Expediente

Beneficiario

Acción subvencionada

Axuda total

Anualidade 2013

Anualidade 2014

Anualidade 2015

Corr-2013-03

Concello de Ribeira

Melloras nas área recreativa de Couso-Aguiño

44.600,58 €

22.300,29 €

13.380,17 €

8.920,12 €

Corr-2013-04

Concello de Ribeira

Acondicionamento ruta sendeirismo circular en Carreira

21.740,75 €

10.870,38 €

10.870,37 €

 

Parque natural Serra da Enciña da Lastra:

Expediente

Beneficiario

Acción subvencionada

Axuda total

Anualidade 2013

Anualidade 2014

Anualidade 2015

La-2013-003

Concello de Rubiá

Restauración fonte-lavadoiro

17.717,46 €

8.858,73 €

5.315,24 €

3.543,49 €

La-2013-004

Concello de Rubiá

Creación e mellora de área recreativa

25.134,17 €

12.567,09 €

7.540,25 €

5.026,83 €

La-2013-005

Concello de Rubiá

Limpeza e adecuación de camiños

23.913,74 €

11.956,87 €

7.174,12 €

4.782,75 €