Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2014 Páx. 2471

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no terceiro cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG número 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio da presente resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2013, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2014

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Convenios

Importe (€)

Data sinatura

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a FEGAS para o ano 2013

55.027,83

20.9.2013

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Laboratorios del Dr. Esteve para promoción da investigación e a formación científica orientada á mellora da atención da cronicidade

Sen achega económica

2.10.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e Red.es para o desenvolvemento de servizos públicos electrónicos no sistema sanitario público galego

Plurianual 3.000.000,00

4.10.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización das prácticas externas dos/as alumnos/as da titulación de Farmacia

Sen achega económica

20.7.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización das prácticas externas dos/as alumnos/as da titulación de Veterinaria

Sen achega económica

20.7.2013

Acordo de traspasos entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Servizo Galego de Saúde da xestión e mantemento dos servizos aéreos destinados a emerxencias, rescates e atención sanitaria

Sen achega económica

7.10.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a Fundación Ramón Domínguez para o deseño, coordinación e implementación da participación institucional da Xunta de Galicia no Congreso BioSpain

30.000,00

10.10.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a prestación de asistencia sanitaria aos menores do Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol en visita de estudos na Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

9.10.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación AMBILAMP, para implantar mecanismos que faciliten a recollida selectiva de residuos de lámpadas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (Hospital de Piñor, Hospital Santa Mª Nai e Hospital Cristal)

Sen achega económica

10.10.2013

Convenio de colaboración entre Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e o Servizo Galego de Saúde da Comunidade Autónoma de Galicia para a organización das X Xornadas de Inspección Farmacéutica

18.000,00

14.10.2013

Prórroga do acordo entre o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e a Comunidade Autónoma de Galicia para fixar as condicións de adquisición de vacinas fronte o virus do papiloma humano (VPH)

Sen achega económica

29.7.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización das prácticas do alumnado da Facultade de Psicoloxía

Sen achega económica

23.10.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Instituto de Salud Carlos III para o centro colaborador español do Instituto Joanna Briggs

8.000,00

17.9.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Irmandades de Doadores de Sangue

60.000,00

30.10.2013

Acordo entre o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, o IGESA e a Comunidade Autónoma de Galicia para fixar as condicións da adquisición agregada de factor VIII de coagulación recombinante

Sen achega económica

19.7.2013

Convenio específico para o ano 2013 do protocolo xeral de colaboración subscrito o 1 de setembro de 1999 entre o Ministerio do Interior (Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas) e a Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

12.11.2013

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas preprofesionais

Sen achega económica

5.11.2013

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Universidade da Coruña, para a realización de prácticas externas

Sen achega económica

31.10.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela relativo á unidade docente de enfermaría obstétrico-xinecolóxica (matrona)

144.286,00

20.11.2013

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a Consellería de Familia, Xuventuide, Deporte e Voluntariado para a organización da atención farmacéutica nos centros de asistencia social para persoas maiores e para persoas con discapacidade dependentes da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado

Sen achega económica

25.11.2013

Convenio específico entre o Servizo Galego de Saúde e Laboratorios del Dr. Esteve para a realización de dous obradoiros de formación de formadores «Tomando el control de su salud»

Sen achega económica

27.11.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Ferrol (servizos de benestar social) para a formación de especialistas de enfermaría familiar e comunitaria pertencentes á unidade docente multiprofesional de atención familiar e comunitaria da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol

Sen achega económica

28.10.2013

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Caja de Ahorros y Pensiones de Barcelona para o desenvolvemento de actuacións conxuntas dirixidas a menores hospitalizados na rede de hospitais do Servizo Galego de Saúde e ás súas familias

Sen achega económica

18.12.2013

Acordo de prórroga para o ano 2014 do convenio de colaboración polo que se formaliza a encomenda de xestión da Dirección Xeral da Mutulidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para a prestación de funcións de asesoramento e informe

Sen achega económica

20.12.2013

Acordo de prórroga ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde (Complexo Hospitalario Universitario de Ourense) e a Asociación de familiares de enfermos de alzheimer e outras demencias de Ourense (AFAOR), para ceder o uso dunha sala na planta de neuroloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Sen achega económica

16.12.2013