O 26 de decembro de 2013 o presidente de Portos de Galicia adxudicoulle á empresa Muport, S.L. o procedemento aberto (sistema multicriterio) para a selección dunha oferta para a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario do porto da Pobra do Caramiñal para a explotación de instalacións náutico-recreativas; segundo documentación técnica relativa ás referencias técnicas da explotación e ao proxecto básico de obras e instalacións, redactado en abril de 2013 polo enxeñeiro de camiños, canais e portos Fernando López Mera (sobre 2).
En cumprimento do disposto no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, faise público, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas, nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza de Europa 5 A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web portosdegalicia.com
Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2013
José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia