Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2014 Páx. 2267

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1352/2010).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1352/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Víctor Manuel Martínez Fernández e Joaquín Rivas Lafuente contra Fachadas Técnicas Santiago, S.L., Gestión Gescompos, S.L. e Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Joaquín Rivas Lafuente e Víctor Manuel Martínez Fernández contra Fachadas Técnicas Santiago, S.L. e Gestión Gescompos, S.L., debo condenar e condeno as mercantís demandadas a lle aboar solidariamente a Joaquín Rivas Lafuente a suma de once mil douscentos cincuenta e oito euros con trinta céntimos (11.258,30 euros) mais o xuro do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores sobre esa cantidade, e a Víctor Manuel Martínez Fernández a suma de sete mil douscentos vinte e dous euros con seis céntimos (7.222,06 euros) mais o xuro do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores sobre esa cantidade, con responsabilidade do Fogasa nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Fachadas Técnicas Santiago, S.L. e Gestión Gescompos, S.L, actualmente en paradoiro descoñecido, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2013

A secretaria xudicial