Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2014 Páx. 2077

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de información pública sobre convenio urbanístico.

Nas dependencias municipais do Concello de Arteixo asinouse, con data do 4.12.2013 con María Isabel González Calvete, o texto inicial do convenio urbanístico de execución de planeamento para a obtención de terreos de cara á regularización viaria do núcleo urbano de Figueiroa.

De acordo co establecido polo artigo 237.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o texto do convenio ao trámite de información pública por un período de vinte días mediante publicación no Diario Oficial de Galicia en nun dos xornais de maior difusión na provincia.

Durante o dito período, o texto do convenio subscrito estará á disposición do público en xeral, de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas, no Departamento de Urbanismo, e os sábados no Departamento de Información e Rexistro, das 9.30 ás 13.30 horas.

Arteixo, 9 de decembro de 2012

P.D. (Decreto 989/2011, do 21 de xuño)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro de Urbanismo