Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2014 Páx. 2079

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Academia de Enfermaría de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2013 pola que se anuncia a convocatoria de vacantes de académicos de número e correspondentes da Corporación.

A Xunta de Goberno da Academia de Enfermaría de Galicia, en uso das facultades que ten atribuídas na disposición transitoria segunda dos seus estatutos (DOG número 199, do 17 de outubro de 2013), na súa reunión do día 27 de novembro de 2013, acordou anunciar, co de cumprir as previsións estatutarias contidas no punto 1 da dita disposición, a preceptiva convocatoria de dez vacantes de académicos de número e cinco vacantes de académicos correspondentes, con suxeición ás seguintes bases da convocatoria:

1. Requisitos.

1.1. Poderán concorrer á convocatoria todos os profesionais da Enfermaría que reúnan os requisitos exixidos no capítulo terceiro do título III dos estatutos da Academia.

1.2. Académicos de número.

Son requisitos específicos desta clase:

a) Posuír obrigatoriamente, cunha antigüidade de polo menos quince anos, o título de diplomado en Enfermaría, graduado en Enfermaría, máster ou doutor, en todo caso enfermeiro.

b) Contar co aval de tres dos académicos de número promotores fundadores.

Méritos:

A calidade de doutor será mérito preferente.

1.3. Académicos correspondentes.

Requisitos específicos:

a) Posuír o título de diplomado en Enfermaría, graduado en Enfermaría, máster ou doutor, en todo caso enfermeiro. Para os correspondentes comunitarios europeos ou estranxeiros, as exixencias de titulación adaptaranse ás equivalencias legalmente exixidas.

b) Contar co aval de tres dos académicos de número promotores fundadores.

Méritos:

Serán méritos preferentes a calidade de doutor ou de membro dunha sociedade científica da Enfermaría.

1.4. Todos os requisitos e méritos enumerados nos puntos anteriores deberán posuílos os candidatos no día da finalización do prazo de presentación de solicitudes e manterse en posesión destes ata a súa investidura como académicos.

2. Solicitudes.

2.1. Os que desexen tomar parte nesta convocatoria deberán solicitalo por medio dunha instancia dirixida ao presidente da Academia de Enfermaría de Galicia, no prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

2.2. Á instancia deberán xuntar:

a) Fotocopia do DNI, NIF ou pasaporte.

b) Documentación acreditativa das titulacións que posúa.

c) Aval de tres académicos de número promotores fundadores.

d) Méritos que desexen alegar.

2.3. A presentación de solicitudes farase na sede da Academia; rúa Álvaro Cunqueiro, nº 6, entresollado, 15008 A Coruña, ben presencialmente, por carta certificada, ou ben por calquera outro medio admitido en dereito que permita ter constancia fiel da súa recepción.

2.4. Os erros de feito que poidan advertirse poderán emendarse, en calquera momento, de oficio ou por petición da persoa interesada, ata dez (10) días hábiles posteriores ao da finalización do prazo de presentación de candidaturas.

3. Admisión de persoas aspirantes.

3.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, o presidente da Academia de Enfermaría de Galicia ditará, no prazo máximo de seis meses, resolución que se publicará no DOG e na cal se declarará aprobada a lista provisional de persoas admitidas e, de ser o caso, excluídas, con mención expresa neste caso do motivo que produce a exclusión.

3.2. A resolución a que se refire a base anterior establecerá un prazo de dez días hábiles para a emenda de erros ou para a formulación, se é o caso, de reclamacións contra a lista provisional, que deberán ser resoltas pola Xunta de Goberno no prazo de cinco días hábiles desde a conclusión do prazo anterior. Transcorrido este prazo, a lista de aspirantes admitidos quedará elevada a definitiva e publicarase no DOG.

4. Cualificación.

4.1. A Xunta de Goberno queda constituída en tribunal cualificador das solicitudes.

4.2. A Xunta de Goberno poderá, se o considera necesario, valerse para a súa decisión de asesores especialistas.

4.3. A resolución da Xunta de Goberno será inapelable e publicarase no DOG.

A Coruña, 17 de decembro de 2013

Visto e prace
Sergio Quintairos Domínguez Amador Villaverde Castiñeiras
Presidente da Academia Secretario da Academia
de Enfermaría de Galicia de Enfermaría de Galicia