Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2014 Páx. 2016

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 9 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución ditada na solicitude formulada por Miguel Lemus Barros.

O 5 de decembro de 2013 o director xeral da Función Pública ditou resolución no que atinxe á solicitude de rescisión, para todos os efectos, da relación de funcionario interino formulada por Miguel Lemus Barros.

Logo de tentar, por dúas veces, a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado polo interesado para os efectos de notificacións, esta non se puido efectuar e foron devoltas polo dito servizo por non retirada tras os dous intentos en que consta ausente na repartición.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifícalle a Miguel Lemus Barros a resolución antes referida.

O interesado pode recoller a respectiva resolución mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano 1-3º, Santiago de Compostela), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme os artigos 8.2 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública