Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2014 Páx. 1873

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1200/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de modificación substancial condicións laborais 1200/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Isabel Barbeito Iglesias contra a empresa Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., Galicia Saudade, S.L., o Concello de Arteixo, a administración concursal da entidade Galicia Saudade, S.L., Instituto Gestión Sanitaria, S.A.U. (Ingesan) e o Fogasa sobre mov. xeog. e funcional, ditouse a seguinte resolución:

«Resolución.

1. Debo desestimar e desestimo a demanda formulada por María Isabel Barbeito Iglesias contra Galicia Saudade, S.L., o Concello de Arteixo, Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., a administración concursal de Galicia Saudade, S.L. e Ingesan, por vulneración de dereitos fundamentais e liberdades públicas.

2. Debo de declarar e declaro xustificada a modificación substancial da categoría profesional da demandante efectuada por Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., coa facultade de optar no prazo de quince días polo despedimento.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Seguidamente, líbrase testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Galicia Saudade, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 27 de decembro de 2013

A secretaria xudicial