Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2014 Páx. 1893

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o acordo de disolución da Asociación Gallega de Empresarios de Centros de Educación Infantil 0-6.

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral recibiuse certificación da asemblea xeral extraordinaria da Asociación Gallega de Empresarios de Centros de Educación Infantil 0-6, que tivo lugar o 8 de novembro de 2013, onde se reflicte o acordo de disolución da devandita asociación, acadado segundo establece o artigo 27 dos seus estatutos.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social