Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2014 Páx. 1773

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2013 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título polo Acordo do Consello de Ministros do 24 de febreiro de 2012 (publicado no BOE do 26 de marzo pola Resolución do secretario xeral de Universidades do 5 de marzo).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008,

resolve:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas, que quedará estruturado segundo consta no anexo.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2013

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Máster universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Orientación profesional.

Tipo de materia

Créditos

Obrigatorias

30

Optativas

9

Prácticas externas obrigatorias

9

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

60

Orientación investigadora.

Tipo de materia

Créditos

Obrigatorias

30

Optativas vinculadas

6

Optativas

12

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

60

Orientación académica.

Tipo de materia

Créditos

Obrigatorias

30

Optativas

18

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

60

O/a alumno/a ten que facer necesariamente unha orientación:

– Orientación profesional: ten que realizar as prácticas externas (9 ECTS).

– Orientación investigadora: debe cursar as materias optativas vinculadas: Metodoloxía de Investigación: Cartografía Aplicada ao Turismo e Metodoloxía de Investigación en Xestión de Empresas Turísticas. Para as outras orientacións estas dúas materias teñen carácter optativo.

– Orientación académica: debe elixir 18 ECTS optativos sen restricións.

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materias

Créditos

Carácter

Módulo

Dirección Estratéxica de Organizacións Turísticas

3

OB

Módulo I: Materias obrigatorias

Dirección Estratéxica de Persoas e as Empresas Turísticas

3

OB

Dirección Comercial das Empresas Turísticas

3

OB

Promoción do Turismo Urbano

3

OB

Dirección Financeira das Empresas Turísticas

3

OB

TIC Aplicadas ao Turismo

3

OB

Impacto Económico do Turismo Urbano

3

OB

Tendencias Internacionais en Destinos Urbanos

3

OB

Transporte, Mobilidade e Xestión dos Fluxos Turísticos en Destinos Urbanos

3

OB

Xestión do Patrimonio Urbano: a Cidade Histórica

3

OB

Dereito Urbanístico e Planeamento Turístico

3

OP

Módulo II: Optativas xerais

Dereito do Traballo e da Seguridade Social en Empresas Turísticas

3

OP

Comportamento do Turista Urbano

3

OP

Dirección de Calidade e dos Procesos nas Empresas Turísticas

3

OP

Investigación de Mercados: Análise do Turismo Urbano

3

OP

Comercialización do Destino Urbano

3

OP

Metodoloxía de Investigación: Cartografía Aplicada ao Turismo

3

OP VINC

Módulo III: Optativas vinculadas á orientación investigadora

Metodoloxía de Investigación en Xestión de Empresas Turísticas

3

OP VINC

Practicas externas

9

OP VINC

Módulo IV: Prácticas externas

Traballo fin de máster

12

OB

Módulo V: Traballo fin de máster